Doazóns bibliográficas

A Biblioteca da Universidade de Vigo agradece a entrega de doazóns de carácter bibliográfico na medida en que contribúen ao incremento e enriquecemento das súas coleccións. Con todo, a súa gratuidade non implica que estean exentas de custos para a Biblioteca, nin que os materiais doados deban quedar á marxe da política xeral de desenvolvemento de coleccións dirixida a acadar a súa pertinencia e relevancia para a comunidade universitaria.

Aínda que a Biblioteca sempre está disposta a recibir doazóns, a súa aceptación queda condicionada á avaliación previa do seu interese. Coa finalidade de ordenar todo o relativo ao ofrecemento, aceptación, valoración e destino das doazóns de material bibliográfico, a Universidade de Vigo aprobou en 2012 unha normativa específica:

Normativa de aceptación de doazóns bibliográficas