Adquisicións Bibliográficas. Persoal Docente e Investigador (PDI)

Solicitude de compra para o PDI :

1. Procedemento:

As solicitudes de adquisicións dos tres campus deberán facerse a través do

  FORMULARIO BIBLIOGRAFÍA INVESTIGACIÓN.

Antes de realizar unha solicitude de adquisicións debe ter en conta:

  • O uso deste formulario está restrinxido ao PDI da Universidade de Vigo
  • Antes de facer calquera solicitude consulte o catálogo en liña da Biblioteca para evitar duplicidades.

Seguimento do pedido:

Como media, un libro publicado en España tarda entre unha e tres semanas, e un libro estranxeiro entre 3 semanas e dous meses. En ambos os dous casos, dependerá da dispoñibilidade, distribución, antigüidade, etc. do título solicitado.
O catálogo automatizado é a mellor ferramenta para facer o seguimento dun libro dende que se pide. Empregando os diferentes tipos de busca (título, autor, materia, etc.) pódese saber en que situación se atopa o libro.
Outra ferramenta para saber que libros chegaron é o apartado Novas Adquisicións do Catálogo, onde se atopan todas as obras ingresadas na Biblioteca Universitaria no último mes.

Bibliografía recomendada:

A actualización da bibliografía recomendada nos programas docentes é responsabilidade do profesorado que imparte as materias e, pola súa parte, a Biblioteca debe asegurar que dita bibliografía se atope debidamente representada.
Para propoñer a adquisición da bibliografía recomendada para algunha das súas materias ou actualizar a lista de documentos que forman parte das bibliografías que xa se atopan a disposición dos alumnos, fáganos chegar a súa petición a través deste FORMULARIO BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA (GRAOS E MESTRADOS)

 

2. Orzamentos:

2.1. BIBLIOTECA UNIVERSITARIA (Aplicación orzamentaria 628):

Bibliografía de investigación (reparto por Áreas de coñecemento e por Campus: 70% do orzamento). Data límite de solicitude: 30 de setembro
Bibliografía recomendada (30% do orzamento). Data límite de solicitude: 30 de outubro.

2.2. PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN:

Bibliografía que o  Persoal  Docente e Investigador (PDI) solicita adquirir con cargo a un Proxecto de Investigación.
É imprescindible que na solicitude se indique:

Título oficial do Proxecto de Investigación 
Nome do director/investigador principal

2.3. DEPARTAMENTO:

Bibliografía que o Persoal Docente e Investigador (PDI) solicita adquirir con cargo ao Departamento .
É imprescindible que na solicitude se indique:

Nome completo do Departamento


Para calquera outra dúbida pode dirixirse á Sección de Adquisicións.

 

Campus Vigo

Charo Pascual Matarranz | xsadqui@uvigo.es | Tfno.: 986 813 846

 

Campus Ourense

Gloria Araujo Poutas | subdrbco@uvigo.es | Tfno. 988 387 285

 

Campus Pontevedra

Marta Gutiérrez Valerio | subdibcp@uvigo.es | Tfno. 986.801.996