Busca e xestión da información para o TFG

Curso orientado  ao alumnado matriculado no TFG, ten coma finalidade dotar aos estudantes das competencias e habilidades informacionais que lle axuden na elaboración e defensa do seu Traballo de Fin de Grao.
 

Obxectivos específicos:

  • Coñecer os diferentes tipos de fontes de información.
  • Aprender a definir a necesidade de información e elaborar estratexias de busca axeitadas.
  • Coñecer os distintos tipos de recursos electrónicos que ofrece a web da biblioteca.
  • Aprender a atopar información de calidade en internet.
  • Identificar as ferramentas de busca especializadas do ámbito temático.
  • Aprender a avaliar a información atopada.
  • Comprender a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información.
  • Aprender a citar as fontes impresas e electrónicas usando o estilo de cita adecuado.
  • Aprender a utilizar unha metodoloxía básica para a elaboración e defensa do Traballo Fin de Grao.
     

Para a realización deste curso o estudante precisa ao redor de 15-20 horas de traballo. Os contidos organízanse nos seguintes temas:

1. Planificar a busca
  1.1 As fontes de información
  1.2 Elaborar a estratexia de busca
2. Recopilar información
  2.1 Catálogo
  2.2 Recursos electrónicos da Biblioteca
   2.2.1 Bases de datos
   2.2.2 Revistas electrónicas
   2.2.3 Libros electrónicos
  2.3 Recursos en internet
  2.4. Principais fontes de información en....
3. Avaliar a información
 3.1 Avaliar a información atopada
4. Usar e xestionar a información 
  4.1 Por que e como citar
  4.2 Os estilos de citas
  4.3 Ferramentas para xestionar a bibliografía 
5. Redactar o TFG
 5.1 Estrutura do TFG
 5.2 A redacción do TFG
6. Defensa do TFG
 6.1 A defensa do Traballo Fin de Grao
 6.2 A preparación da presentación
 6.3 Os recursos visuais de apoio
 6.4 A exposición e defensa
 
 

En cada curso académico e para a maioría dos graos que se imparten na Universidade de Vigo, cando un alumno/a estea matriculado no TFG poderá acceder a dito curso sen solicitude previa; de non ser así, o estudante poderá solicitar a súa inscrición dirixíndose a:

Vigo 986813843 / referencia@uvigo.es
Ourense 988387191 / dirbco@uvigo.es
Pontevedra 986802001 / dirbcp@uvigo.es