Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico

Curso virtual organizado pola Biblioteca Universitaria de Vigo e que conta con recoñecemento de 1 crédito ECTS.
Está dirixido principalmente ao alumnado dos últimos cursos, xa que proporciona aos estudantes competencias informacionais a nivel intermedio no acceso, uso e xestión da información, permitíndolle:

  • Ser autónomo na busca de información para a realización de traballos.
  • Coñecer e usar un maior número de recursos de información fiables e pertinentes.
  • Desenvolver a capacidade de crítica e análise fronte a sobre abundancia de información.
  • Mellorar a súa capacidade de xestión e organización da información recuperada.
  • Facer un uso ético e legal da información, evitando o plaxio nos traballos académicos.

A duración do curso é dunhas 30 horas, distribuídas en cinco semanas. Os contidos que se tratan son:

  1. A información
  2. Como buscar información
  3. Recursos de información na Biblioteca:
       Catálogo
       Bases de datos
       Revistas electrónicas
       Libros electrónicos
  4. Outros recursos en internet:
       Dialnet
       Acceso aberto á información científica
       Buscadores científicos
  5. Avaliar a información e as súas fontes
  6. Como manterse actualizado: alertas e RSS
  7. Usar e comunicar a información:
       Uso ético e legal da información
       Citas e referencias bibliográficas
       Xestores bibliográficos
  8. Web social

 

Ao longo do ano convócanse 3 edicións en Bubela, plataforma onde se realiza a matrícula no seu momento.

 

Para contactar: 986 813843 / referencia@uvigo.es
Síguenos en twitter