bX Hot Articles

bX Hot Articles é un servizo gratuíto que achega aos nosos dispositivos móbiles o "top-ten" dos artigos académicos nas áreas de ciencia, empresa, dereito, medicina, enfermaría, psicoloxía, ciencias sociais e todos os campos académicos máis relevantes.

O seu algoritmo de relevancia baséase no cruce de información sobre as tendencias de uso de múltiples institucións e millóns de investigadores ao redor do mundo. 

bX Hot-Articles axuda a permanecer ao corrente dos avances que se producen en cada campo de investigación e facilitará a exploración científica permitindo:

  • Ver que artigos académicos foron máis populares entre os investigadores de cada campo nas últimas semanas.
  • Canalizar cara ao texto completo en formato electrónico e aproveitar mellor a subscrición de cada institución.
  • Enviar a referencia dos artigos por correo electrónico.
  • Recibir unha notificación con cada actualización da lista.

Para instalar a aplicación no dispositivo consulte a páxina de instrucións elaborada polo Consorcio Bugalicia ou vaia a Google Play para dipositivos Android ou iTunes para dispositivos iOS.

titoriaisPara ver unha simulación de bx Hot Articles no seu móbil pulse aquí.