Servidor de reenvío HTTP (proxy)

Existen determinados casos en que algunhas aplicacións disponibles vía web teñen o acceso ás mesmas limitado a direccións propias da Universidade de Vigo, por motivos de seguridade na meirande parte dos casos.

Para que os usuarios que por motivos do seu traballo necesiten acceder a estas aplicacións dende os seus domicilios disponse dun servidor de reenvío (servidor proxy) que permite que os usuarios que estean autorizados se conecten a este servidor para obter esas páxinas. Este servidor proxy conéctase ó servidor web de destino para obter as páxinas e envía as páxinas ó usuario. De todos xeitos o servidor proxy só da un servizo adecuado cando as aplicacións ás que se accede son vía web e non manexan de forma directa as conexións HTTP (usando algún tipo de control Active X ou Applet) senón que fan as peticións de páxinas a través do navegador (que é o máis habitual).

O usuario únicamente ten que configurar no seu navegador o servidor de reenvío que quere empregar, que será o proporcionado polos servizos informáticos de investigación con este fin, e que é o seguinte:

  • Servidor: proxy.uvigo.es
  • Porto: 3333
  • Usuario: O que empregue no dominio @uvigo.es (conta do tipo usuario@uvigo.es) ou @alumnos.uvigo.es (conta do tipo usuario@alumnos.uvigo.es)

Unha vez configurado o navegador para que empregue o servidor de reenvío o uso de este é transparente para o usuario, que accede ás páxinas do xeito normal. Neste documento indícase cómo configurar o emprego dun servidor de reenvío dende os navegadores máis habituais (FireFox, Internet Explorer, Chrome ou Safari).

Tanto nun como noutro caso a primeira vez que se acceda a este servidor de reenvío despois de abrir o navegador este pedirá ó usuario un nome de usuario e contrasinal. Deberá indicar o nome de usuario e contrasinal que teña no servidor de correo correo.uvigo.es.

Con algúns navegadores a primeira vez que consulte unha páxina despois de configurar o navegador e autentificarse co servidor proxy aparecerá un erro. Probe a cargar de novo a páxina (Ctrl+F5), amosarase de xeito correcto.

Para que o acceso sexa posible este usuario ten que ter os permisos necesarios para poder empregar este servizo. En principio todos os usuarios con conta de usuario (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) teñen acceso a este servizo.

En caso de que teñan problemas co acceso a este servidor poden contactar co servizo de atención do ATIC.

 

Nos seguintes enlaces atopará máis información sobre: