Reprodución de documentos

A Biblioteca Universitaria dispón, en varios dos seus puntos de servizo, de máquinas fotocopiadoras coa finalidade de mellorar a accesibilidade e uso dos fondos bibliográficos.  Na realización das fotocopias deberanse respectar as condicións que establece a Lei de Propiedade Intelectual. Nalgúns casos, ademais, por esixencias de preservación e conservación dos fondos, hai obras cuxa reprodución está suxeita a restricións e limitacións.

As fotocopiadoras non dependen directamente da Biblioteca, senón de empresas concesionarias alleas á universidade. O servizo préstase en réxime de autoservizo de xeito que é responsabilidade da persoa que realiza as fotocopias o cumprimento da lexislación e normativa en materia de propiedade intelectual.

Existen fotocopiadoras de autoservizo nas bibliotecas que máis abaixo se indican.  A realización de fotocopias nestas máquinas está suxeita a tarifas fixadas polas empresas concesionarias cuxo pagamento se efectúa por medio de tarxetas de pagamento previo. As tarxetas se poden adquirir e recargar en máquinas expendedoras nas bibliotecas centrais de Vigo e Ourense, ou nos centros de reprografía de cada edificio.  Ao tratarse de empresas concesionarias diferentes, una tarxeta non é válida en todas as bibliotecas.

Nas bibliotecas Central de Vigo e de Torrecedeira existen, ademais, máquinas de fotocopias que admiten o pago mediante moedas.

Bibliotecas que dispoñen de fotocopiadoras de autoservizo para uso público

  • Central de Vigo
  • Central de Ourense
  • Central de Pontevedra
  • Belas Artes (campus Pontevedra)
  • Ciencias Económicas e Empresariais (campus Vigo)
  • Ciencias Experimentais (campus Vigo)
  • Ciencias Xurídicas e do Traballo (campus Vigo)
  • Filoloxía e Tradución (campus Vigo)
  • Torrecedeira (Campus Vigo)

Para obter máis información sobre o autoservizo de fotocopias consulte, por favor, nos mostradores de préstamo das bibliotecas.