Bibliotecas e institucións externas

Por medio deste servizo, as bibliotecas e centros de documentación externos á Universidade de Vigo poden facer peticións de documentos incluídos na nosa colección. Non se atenderán peticións de particulares.

O servizo está centralizado. As solicitudes faranse por correo electrónico, correo postal, fax ou mediante os formularios EH ou SG se a biblioteca solicitante utiliza o programa GTBib-SOD.

Normas de préstamo e fotodocumentación.

Antes de facer calquera solicitude, comprobe o noso catálogo

Están excluídos de empréstito os seguintes documentos:

  • obras de referencia
  • publicacións periódicas
  • documentos antigos, raros etc.
  • materiais especiais (diapositivas, películas, debuxos etc.)
  • outros documentos que serán preservados segundo o criterio da biblioteca.
  • obras publicadas no ano en curso

Cando iso fose factible proporcionarase fotocopia. En casos excepcionais, valorarase a posibilidade do préstamo destes materiais.

O período de consulta será de 30 días, prorrogables sempre que se solicitase coa suficiente antelación e o libro non estivese reservado por un membro da comunidade universitaria.

Os préstamos enviaranse por Postal Express, e a fotodocumentación por correo postal ou correo electrónico.

Documentos de investigación non publicados.

Non se prestarán os orixinais das teses de doutoramento e documentos similares.

Das teses de doutoramento non publicadas depositadas no Arquivo Universitario proporcionarase unha copia en préstamo interbibliotecario, sempre que fose posible. A biblioteca solicitante coidará que non se preste a domicilio nin se fotocopie a tese; así mesmo devolverá o formulario que acompaña a tese cuberto e asinado polo usuario que a consulte.

Os proxectos e traballos fin de carreira e as teses de licenciatura están excluídos de empréstito e non se farán copias deles.

Tarifas e xeitos de pagamento.

Este servizo está suxeito a unhas tarifas aprobadas na Comisión de Biblioteca.

Segundo instrución xerencial, a facturación farase segundo o establecido por Rebiun para as bibliotecas pertencentes á devandita rede, e por envío ás demais bibliotecas.

O pagamento das facturas emitidas polo servicio fárase mediante transferencia bancaria.. Só se admitirá o pagamento en cupóns IFLA (IFLA vouchers) no caso de bibliotecas estranxeiras.

Propiedade intelectual

Os documentos subministrados pola Biblioteca Universitaria de Vigo a través deste servizo utilizaranse exclusivamente para uso privado ou para fins de investigación. O solicitante aterase á vixente lexislación sobre propiedade intelectual.