Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico
Curso virtual organizado pola Biblioteca Universitaria de Vigo e que conta con recoñecemento de 1 crédito ECTS.
Está dirixido principalmente ao alumnado dos últimos cursos, xa que proporciona aos estudantes competencias informacionais a nivel intermedio no acceso, uso e xestión da información, permitíndolle:
- Ser autónomo na busca de información para a realización de traballos.
- Coñecer e usar un maior número de recursos de información fiables e pertinentes.
- Desenvolver a capacidade de crítica e análise fronte a sobre abundancia de información.
- Mellorar a súa capacidade de xestión e organización da información recuperada.
- Facer un uso ético e legal da información, evitando o plaxio nos traballos académicos.
A duración do curso é dunhas 30 horas, distribuídas en cinco semanas. Os contidos que se tratan son:
- A información
- Como buscar información
- Recursos de información na Biblioteca:
Catálogo
Bases de datos
Revistas electrónicas
Libros electrónicos - Outros recursos en internet:
Dialnet
Acceso aberto á información científica
Buscadores científicos - Avaliar a información e as súas fontes
- Como manterse actualizado: alertas e RSS
- Usar e comunicar a información:
Uso ético e legal da información
Citas e referencias bibliográficas
Xestores bibliográficos - Web social
Ao longo do ano convócanse 3 edicións en Bubela, plataforma onde se realiza a matrícula no seu momento.
Para contactar: 986 813843 / referencia@uvigo.es
Síguenos en